Campamento de verán Betanzos Concilia

2242

O Concello de Betanzos abre o prazo para a inscripción no Campamento de verán Betanzos Concilia.

Para descargar as bases do campamento de verán Betanzos concilia prema aquí

Para descargar a solicitude prema aquí

A solicitude tamén estará dispoñible para a súa descarga na sede electrónica do Concello de Betanzos https://sede.betanzos.gal e no rexistro electrónico común https://sede.administracion.gob.es

 

 

A tramitación da solicitude e aportación de documentación realizarase a través da sede electrónica municipal https://sede.betanzos.gal ou do rexistro electrónico común https://sede.administracion.gob.es

O campamento desenvolverase no CEIP Francisco Vales Villamarín, sempre e cando a Xunta de Galicia outorgue o permiso pertinente. En caso contrario, o campamento realizarase en dependencias de titularidade municipal.

As cotas do campamento pagaranse unha vez aparecido na lista de admitidos/as o nome do/a neno/a e sempre con anterioridade ao inicio da actividade a través dunha transferencia na conta do Banco Sabadell co IBAN ES23 0081 2215 6900 0114 5819.

Deberase indicar o nome e apelidos do/a neno/a e como concepto “Campamento de verán 1.º quenda/ 2.ª quenda/ 3.ª quenda”.

Unha vez realizado o ingreso o xustificante entregarase por correo electrónicoa [email protected].

A entrega do xustificante de pago será o único garante de reserva de praza e realizarase ata o 25 de xuño.

Só cando exista causa debidamente xustificada que impida a presentación telemática, deberáse de solicitar unha cita telefónica có Departamento de Servizos Sociais para valorar outras opcións.

Para calquera dúbida ou aclaración, contactar cos Servizos Sociais a través do teléfono 646.887.873.