O Concello conclúe as obras de mellora da rúa Concepción Arenal

871

O Concello finaliza os traballos de mellora da rúa Concepción Arenal. A actuación fora paralizada como consecuencia do estado de alarma, mais logo de varias semanas, o Concello xunto coa empresa que realizaba as obras, e seguindo os criterios establecidos nos decretos do Estado, decidiu renovar os traballos que forman parte do  programa de renovación de viarios e rúas.

O investimento previsto en Concepción Arenal é próximo aos 80 0000 euros con cargo do POS + 2019 da Deputación Provincial. O obxectivo das obras é mellorar o pavimento de calzada e a sinalización da rúa, así como ampliar e renovar, no caso de Concepción Arenal,  o tramo de beirarrúa na que non se actuou cando se realizaron as obras de renovación de servizos e ampliación de beirarrúas no ano 2008, completando así todo o tramo.

Para iso levou a cabo a mellora e acondicionamento do pavimento da calzada en toda a rúa, e procedeu en primeiro lugar ao fresado do pavimento actual e á execución dunha nova pavimentación, e realizouse tamén a sinalización horizontal e vertical da rúa. Tamén se  pintaron as liñas centrais e de bordo de calzada, as liñas de parada e outras marcas transversais, os aparcadoiros, os illotes, os cedas, os STOP, as frechas etc. Ampliouse a beirarrúa en varios tramos cunha nova beirarrúa con bordo de granito e baldosas tipo granallado.