CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xullo

10

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Os días 1, 2, 3, 4 e 5 de xullo comezamos o obradoiro “Iniciación á Informática” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.

Os días 1, 2, 3, 4 e 5 de xullo comezamos o obradoiro “Mecanografía para nenos e nenas” dirixido á poboación menor de idade. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:30 h a 13:00 h.

 

Os días 8, 9 e 10 de xullo comezamos co curso “Iniciación a LibreOffice Calc” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h.

Os días 8, 9 e 10 de xullo comezamos co curso “Programación con MicroBIT” dirixido á poboación menor de idade. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:00 h a 12:00 h.

Os días 18 e 19 de xullo comezamos a actividade “Programación e robótica” dirixido a menores de 8 a 11 anos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:30 h a 11:30 h.

Os días 18 e 19 de xullo comezamos a actividade “Programación e robótica” dirixido a menores de 12 a 15 anos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 12:00 h a 14:00 h.

O 23 de xullo celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.betanzos@xunta.gal.