Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Setembro 2020
Exposición de obra gráfica titulada “Luis Seoane, nas coleccións da Fundación CIEC”
De martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h.
Más información »Solicitude de matrícula na Escola Municipal de Folclore (EMuF)
Nas actividades de ensino integrado de baile e pandeireta; baile e danzas tradicionais; pandeireta e canto tradicional; gaita; percusión tradicional; agrupacións: EMuF, Untia e Azougue; e Grupo Azougue, para o curso 2020-2021. Máis información na páxina web www.novas.betanz.gal, ou no teléfono 630 265 455.
Más información »Exposición do “XIV certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas”
Se desenvolve dentro do programa de exposicións itinerantes da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Betanzos. Horario de visitas de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 22:00 h de martes a venres e de 11:30 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h os sábados.
Más información »Sábados miúdos. “Coas miñas mans”
Concerto para nenos e nenas a partir de 3 anos e as familias "Coas miñas mans" por conta de Pablo Díaz dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos. Inscrición previa do 8 ao 11 de setembro en www.betanzos.gal. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Actuación da cantante Ede
Dentro dos actos do III Festival Metropolitano de Música e Arte “Elas son artistas”, organizado pola Deputación da Coruña e os concellos da comarca.
Más información »Espectáculo de música, teatro e danza “Fío de Lúa”
Dirixido a nenos e nenas, dentro do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia dependente da Consellería de Culturta e Turismo da Xunta de Galicia. A duración será de 55 minutos e para a asistencia, con aforo reducido, será necesaria a previa inscrición na mesma biblioteca. Organiza Concello de Betanzos.
Más información »Monólogo “Botar a lingua a pastar”
Por conta de Candido Pazó. Organiza a Rede de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.
Más información »Acto de presentación do Anuario Brigantino 2019, nº 42.
Venres 25, ás 20:30 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo, terá lugar o acto de presentación do Anuario Brigantino 2019, nº 42.
Más información »Sábados miúdos. “A pitiña Cocoricó”
Contacontos para nenos e nenas de ata 5 anos e as familias "A pitiña Cocoricó" por conta de Charo Pita dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos 2020. Inscrición previa do 21 ao 24 de setembro en www.betanzos.gal. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Obradoiro para crear un podcast literario “Podcast en igualdade”
Dirixido á mocidade e a poboación adulta, dentro do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia dependente da Consellería de Culturta e Turismo da Xunta de Galicia. A duración será de 120 minutos e para a asistencia, con aforo reducido, será necesaria a previa inscrición na mesma biblioteca. Organiza Concello de Betanzos.
Más información »Obradoiro de poesía e escrita creativa “Construíndomos na escrita”
Por conta da escritora galega Dores Tembrás do colectivo Apiario para o alumnado de secundaria do IES As Mariñas. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Outubro 2020
Exposición de fotoxornalismo galego titulada Galicia en Foco
Na súa 28.ª edición, organizada polo Club de Prensa de Ferrol. Horario de visitas de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 22:00 h de martes a venres e de 11:30 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h os sábados.
Más información »