Betanzos, 20 de marzo de 2019. A alcaldesa de Betanzos, María Barral, entregou o pasado domingo 21 de abril, a María Buján Carreira, da asociación de veciños das Minas, o premio Úrsula Meléndez de Texeda co que o Concello pretende cada ano facer un recoñecemento á traxectoria dunha muller betanceira residente no municipio dentro dos actos de conmemoración “Día Internacional dá Muller”. O acto tivo lugar ás 12.00 h no Salón azul do edificio Liceo.
Neste caso, a diferenza de anos anteriores, o premio pretende recoñecer a traxectoria desta muller dentro do asociacionismo betanceiro e, máis concretamente, en Tiobre. O traballo incansable de María Buján para dinamizar o centro social As Minas, “por crear grupo, por fomentar actividades para todas as idades” durante anos fanlle merecedora deste recoñecemento.
María Barral explicou que por razóns persoais da homenaxeada, o acto non puido celebrarse coincidindo co Día Internacional da Muller. O domingo 21 de abril foi o día no que Betanzos celebrou este día co seu principal acto, o de entrega do premio Úrsula Meléndez de Texeda. A través deste día, Betanzos “pretende lembrar o sacrificio de todas aquelas mulleres que ao longo do último século loitaron pola igualdade, mulleres que durante anos foron vítimas silentes da cultura machista, ou aquelas que con suor, bágoas e sangue, pagaron un alto prezo para conseguir un mínimo nivel de independencia, igualdade e liberdade no mundo. Mañá lembraremos, unha vez máis, algo que nunca se nos debe esquecer: que as mulleres son iguais aos homes en dereitos e liberdades”.
Para la alcaldesa, o “Día Internacional da Muller debe servir para lembrar a importancia dos logros conseguidos mais tamén do que queda por facer. Por iso, considero que é fundamental que, como mínimo, unha vez ao ano, teñamos actos como este, de entrega do Premio Úrsula Meléndez de Texeda, que nos leve á reflexión e nos sirva para render unha máis que merecida homenaxe ás mulleres deste Concello que en épocas difíciles loitaron para reivindicar o seu papel, os seus dereitos, a base de esforzo, traballo e sacrificio, destacando, ademais, a súa traxectoria de traballo polos demais”.