O Concello abriu o parque Pablo Iglesias tras numerosas intervencións para revitalizar máis de 14.000 metros cadrados de zona verde

249
A alcaldesa recorrio o parque xunto a unha das responsables do proxecto

O Concello abriu o parque Pablo Iglesias unha vez recibido tras as obras de mellora nas que se investiron uns 100.000 euros.

O proxecto serviu para acondicionar un espazo que necesitaba arranxos tras moitos anos de uso intensivo, con numerosas intervencións para revitalizar unha zona verde de máis de 14.000 metros cadrados.

Entre as numerosas actuacións destaca a plantación de arboledo, con 28 novos exemplares arbóreos e arbustivos, con arces, liquidámbar, carballos, castiñeiros, corylus, cornus e tilos, entre outras especies. Ademais, construíronse macizos con arbustos de flor, xa que o parque carecía de elementos florais a maior parte do ano, excepción das camelias.

Construíronse catro xardíns con céspede e flores aproveitando o espazo existente na confluencia dos camiños, con “lantanas” de diferentes cores que achegasen cor durante case todo o ano. Nas praderías sementáronse especies rústicas herbáceas e instalouse un sistema de rega, xa que o anterior era insuficiente.

Tamén se executaron camiños, bordos e escaleiras, coa renovación do pavimento, tras eliminar a capa de saburra compactada, nivelouse a base e estendeuse unha nova capa de grava de cor gris que actuará de drenante evitando que os camiños de encharquen pola choiva. Limpáronse os 1.500 metros lineais de bordo e reparáronse as escaleiras e ramplas, restaurándoas.

A Alcaldesa María Barral e o concelleiro de infraestruturas Andrés Hermida xunto a unha das responsables do proxecto
PARQUE PABLO IGLESIAS
9-agosto-2023

Substituíronse os antigos bancos de madeira e fundición que databan das época de construción do parque, por outros novos de resina; instalando tamén novas papeleiras; fonte bebedoiro e acondicionado os farois. Para incrementar a biodiversidade animal do espazo colocáronse caixas niño para aves nas árbores. Ademais, conta con panelas interactivos en 20 especies arbóreas, con placas con códigos QR, identificando o seu nome, zona de procedencia e características, ademais de información sobre o propio parque.