O Concello de Betanzos avalía o seu III Plan de Igualdade acadando un grao de execución do 98%.

333

O Concello de Betanzos ven de avaliar o seu III Plan de Igualdade, operativo dende 2017 ata 2021. Na avaliación destaca o alto grao de cumprimento de obxectivos operativos (100%) e de accións desenvolvidas (98%) durante o período executivo, a pesar das restriccións derivadas da crise sanitaria durante os anos 2020 e 2021.

Para descargar a avaliación final do III Plan de Igualdade prema aquí

Dous dos grandes fitos deste plan foron a constitución e posta en marcha da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e a elaboración do Plan de igualdade do cadro de persoal do Concello de Betanzos.

A incorporación da perspectiva de xénero foi un dos piares fundamentais nos que se asentou este terceiro plan, enfoque que se pretende consolidar no futuro IV Plan de Igualdade da entidade local, que se encontra na actualidade en fase de diagnose, fase na que a poboación terá un papel destacado.

Desta maneira, o Concello de Betanzos quere impulsar políticas públicas de igualdade participadas cun dobre obxectivo: concienciar e sensibilizar á cidadanía cara unha sociedade máis igualitaria, e detectar de primeira man as desigualdades invisibles.