Balance do turismo en Betanzos durante a semana Santa

1194
Entrada da oficina de turismo no edificio Liceo do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia

A Oficina de Turismo de Betanzos recibiu durante a pasada Semana Santa un total de 1483 turistas aumentando nun 36,55% respecto ao pasado ano. 

O venres santo segundo os datos achegados pola alcaldesa María Barral foi o día no que máis visitas se produciron chegando a 417 un 28,11% do total dos visitantes recibidos durante toda a semana. 

Das 1483 persoas que pasaron pola Oficina de Turismo, o 58,32% proviñan de distintas zonas de España e 329 doutros países. O resto foi na súa maior parte da Coruña e Pontevedra.

Por comunidades autónomas destaca a presenza de Madrid con 24,62% Asturias cun 17,80% e Castela-León con 18,65%.

Canto ao turismo estranxeiro o 35,57% foi de Portugal, seguido de Reino Unido e Italia.  

A alcaldesa destacou tamén o importante número de peregrinos que pasaron durante a pasada semana santa por Betanzos e máis concretamente pola Oficina de Turismo que chegaron ás 428 Persoas. Nese sentido lembrou os problemas que os peregrinos tiveron á hora de aloxarse no albergue xa que a Xunta tan só dispuña de seis das 35 prazas das que dispón, para dar servizo aos peregrinos que chegaban a Betanzos. Este feito fixo que o Concello tivese que habilitar o pavillón do colexio Vales Villamarín para recibir alí grupos e darlle tamén cobertura a peregrinos que chegaron durante a Semana Santa a Betanzos.

Durante a Semana Santa tamén se pasaron polo museo das Mariñas que abriu durante todos os días un total de 355 persoas. 

A alcaldesa lembrou que a Oficina de Turismo abriu todos os días de Semana Santa  incluído a fin de semana e festivos dentro do programa de promoción turística que desenvolve o Concello e que este ano se iniciou en Fitur promocionando o 800 aniversario do traslado da cidade.