Home Cultura Os contos para bebés de Nano volven o 11 de maio con Raquel Queizás nos sábados miúdos

Os contos para bebés de Nano volven o 11 de maio con Raquel Queizás nos sábados miúdos

0
Os contos para bebés de Nano volven o 11 de maio con Raquel Queizás nos sábados miúdos

O programa Sábados miúdos volve este sábado 11 de maio ás 12:00 h ao Salón azul do edificio Arquivo. Desta volta os contos correrán por conta de Raquel Queizás que trae de volta a Nano a Betanzos co seu espectáculo para bebés de 12 meses a 4 anos “O xogo de Nano”.

O contacontos ten 20 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dun máximo de dúas persoas adultas. O prazo de inscrición para o contacontos estará aberto en www.betanzos.gal desde o 2 de maio ás 10:00 h ata o 9 de maio ás 15:00 h. A confirmación da praza realizarase uns días antes da actividade no correo electrónico ou no teléfono facilitado no momento da inscrición.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) ou no enderezo electrónico [email protected].

O xogo de Nano

Raquel Queizás conta como para os nosos amigos, os animais, cada día é unha aventura chea de cousas que aprender mentres xogan coas cores, as formas e a música, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas de converten en todo un reto. Os meniños reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo pola primeira vez, abraiándose a cada paso, mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir.

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción especial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adpatadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacitación de atención.

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

Cartel da actividade