Gañadores/as do X Concurso de carteis das Letras Galegas

2000
Claudia Villares Barros de 4.º E do CEIP Francisco Vales Villamarín foi a gañadora do 1.º premio do X Concurso de carteis das Letras Galegas.

Claudia Villares Barros de 4.º E do CEIP Francisco Vales Villamarín foi a gañadora do 1.º premio do X Concurso de carteis das Letras Galegas. O deseño do cartel representa unha biografía en imaxes do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas. Presentáronse 75 carteis de alumnos e alumnas do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín e do Centro Pai Menni.

Ademais, o xurado composto por representantes dos centros de ensino participantes, tamén decidiu outorgar tres accésits aos carteis de Susana Barca Rama, do Centro Pai Menni, Paula Blanco Garea e Juana Barreiro Sánchez de 4.º C do CEIP Francisco Vales Villamarín e un outro para Simón Porto Casal e Sofía Veiga Casanova de 4.º B do CEIP Francisco Vales Villamarín. Este ano, ante a calidade dos traballos presentados o xurado decidiu de xeito extraordinario outorgar un terceiro accésit.

 A entrega dos premios realizarase o vindeiro xoves 23 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Liceo, xunto coa entrega dos premios do IX Concurso de creación literaria cuxo prazo está aberto ata o vindeiro 10 de maio.

O cartel gañador do Concurso de carteis ilustrará o Programa das Letras Galegas 2019 do Concello de Betanzos que sairá do prelo os vindeiros días.