Os propietarios da “Fábrica da Luz” interpoñen un contencioso contra o Concello tras denegar a licenza de derriba

1361
Estado no que se atopa o edificio situado na avenida da Coruña
General de Edificios e Solares SL, propietaria do edificio coñecido como a “Fábrica da Luz”, acaba de interpoñer un recurso contencioso administrativo contra o acordo da xunta de goberno local tomado o 28 de setembro de 2017 no que se lle denegaba a licenza de demolición de edificacións existentes no solar situado na avenida da Coruña.
A Xunta de Goberno Local acordou no seu día denegar a General de Edificios e Solares, pertencente a Unión Fenosa Inversiones, a licenza que solicitara para demoler a antiga “Fábrica da Luz”, tras os informes desfavorables da arquitecta municipal e o asesor xurídico. A Xunta de Goberno Local acordou rexeitar esa licenza de derriba e alegou precisamente que a Consellería de Cultura emitiu unha resolución o mes de xuño pola que incoa o procedemento de inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia a Fábrica da Luz, coa categoría de monumento.
Esta resolución implica unha anotación preventiva no catálogo do patrimonio e aplicar de forma provisional un réxime de protección mentres non se resolve o expediente, para o que hai un prazo máximo de 18 meses.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170713/AnuncioG0164-050717-0007_es.html