Betanzos celebrará o día 31 a súa primeira “San Silvestre” para a que espera a participación de máis de 350 persoas

1377
Presentación da primeira edición da San Silvestre
Betanzos celebrará o día 31 a súa primeira “San Silvestre” en dúas categorías, absoluta e escolar con premios para os tres primeiros (masculino e feminino) e ao mellor disfrace. Os participantes percorrerán todo o centro urbano ao de longo de 6,5 quilómetros. A falta do peche de inscricións  a concellería de Deportes espera a participación de 350 persoas.
O concelleiro responsable da área, Andrés Hermida, agradeceu o traballo incansable da asociación “A Vellas non Paramos” que co-organiza a San Silvestre xunto ao Concello e aos patrocinadores : Itude, Eroski, Fiateira Motor, Estrella Galicia, Grupo Regueira, Talleres Cachaza, e a Federación Galega de Atletismo.
A carreira de adultos comezará ás 17.00 horas mentres que a de nen@s será ás 16.30 horas percorrendo unha distancia de 650 metros pola Rúa Travesa e Porta da Vila. O edil de deportes tamén agradeceu a colaboración de Policía Local e Protección Civil xa que para a realización da proba será necesario un importante dispositivo de tráfico que afectará á maior parte da zona urbana a partir das 16.00 horas.
Restricións de tráfico
A circulación quedará restrinxida especialmente na avenida Jesús García Naveira, rúa do Rollo, zona centro e centro histórico.