A empresa Viaqua entregoulle ao Concello de Betanzos unha partida de xoguetes para os nenos e as nenas de familias necesitadas

396

A empresa Viaqua entregoulle ao Concello de Betanzos unha partida de xoguetes para os nenos e as nenas de familias necesitadas dentro dunha campaña que ten coma finalidade que “ningún neno quede sen o seu regalo nestas festas de Nadal e Reis”.

A iniciativa solidaria inclúe xoguetes para rapaces dentro dun proxecto de colaboración que vén realizando a empresa concesionaria da xestión da auga co Concello.

A Cruz Vermella de Betanzos será a encargada de distribuír xunto aos xoguetes entre os beneficiarios de esta iniciativa solidaria.

A alcaldesa de Betanzos María Barral; o concelleiro de Protección Civil e Persoal, Diego Fernández e varios dos membros de Cruz Roja Betanzos e VIAQUA reuníronse esta na maña do dia 21, no Edificio Arquivo para artellar o reparto de xoguetes inclusivos do programa solidario, dos que VIAQUA fixo entrega. O reparto será a cargo das persoas voluntarias de Cruz Vermella.