Betanzos abre o programa de apoio para o pagamento de vivenda, tanto hipoteca como alugueiro

197

O Concello acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas de apoio ao pagamento  da vivenda habitual, tanto a persoas inquilinas dun contrato de alugueiro ou dun préstamo hipotecario.

Trátase dun programa de axuda social que o Concello iniciou xa pola afectación da Covid en familias do municipio e que o goberno local pretende darlle continuidade. En total destinaranse máis de 70 000 euros en axudas. As persoas interesadas dispoñen de toda a información e a páxina web municipal www.betanzos.gal así como os trámites para realizar a solicitude.

O programa de axudas conta coa participación do Concello e da Deputación.

O plan conta cun importe total de máis de 70.000 euros e ten como obxectivo contribuír a minimizar o impacto económico e social nas familias máis vulnerables. As axudas enmárcanse no Plan Provincial POS+ADICIONAL impulsado polo Concello e a Deputación.

No caso das de vivenda, poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas titulares dun contrato de alugueiro ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada no Concello; que a vivenda constitúa a súa residencia habitual, así como da súa unidade de convivencia. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes deben constar empadroadas na vivenda cunha antigüidade mínima de seis meses; Estar en situación de vulnerabilidade económica considerando isto cando o conxunto dos ingresos do ano 2022 dos membros da unidade de convivencia non superen, con carácter xeral, 2 anualidades do IPREM vixente. Este límite ampliarase a 2,5 anualidades do IPREM vixente no caso de grupos de familias de especial consideración: familias numerosas, familias monoparentais, familias con persoas maiores ao cargo, familias con persoas con discapacidade ao cargo, familias acolledoras e familias vítimas de violencia de xénero.

Con carácter excepcional, as persoas afectadas por ERTE ou, no caso de autónomos ou réximes especiais que cesaran a súa actividade ou reduciran os ingresos en máis dun 75%, poderán solicitar que se teña en conta a súa situación económica actual. A contía desta axuda será de ata 300 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder do importe da renda do contrato ou da mensualidade do préstamo hipotecario.  A axuda outorgarase durante un período máximo de catro meses.

Para descargar o BOP coas bases das axudas prema aquí