Servizo de comedor escolar e mañanceiros curso 2023/24

115

Agradecemos de antemán a súa colaboración para o bó funcionamento do servizo e lembrámoslles a importancia da puntualidade na recollida dos nenos e nenas.

  • INICIO: luns, 11 de setembro.
  • HORARIO:

MAÑANCEIROS⭢ de 7,30h a 9h.

COMEDOR⭢ de 14h. a 16h.

  • Para poder atender á demanda do servizo, manteranse as dúas quendas para xantar establecidas nos cursos anteriores: o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria serán os primeiros en saír da aula e comerán na primeira quenda (14 h.)
  • Para este grupo establecerase unha saída ás 15h. pero por motivos de conciliación, poderán quedar ata o remate do servizo, recollendo, neste caso, ás crianzas desde as 15,45 h. ata as 16h. A tal efecto, habilitaranse espazos no centro nos que os menores estarán acompañados por monitores e monitoras que organizarán actividades lúdicas adaptadas.
  • O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria comerá na segunda quenda: ás 15 h., sendo a hora de recollida desde as 15,45 ata as 16h.

Mentres non acceden ao comedor, permanecerán nos anteditos espazos acompañados polo monitorado.

  • O servizo que se presta no aulario (infantil) non sufrirá variacións, xa que o espazo dispoñible para o comedor é suficiente para manter unha única quenda de comidas. Os horarios de recollida serán os mesmos que os de primaria: ou de 15,45h. a 16h.
  • O servizo de mañanceiros funcionará cos horarios habituais.

Para calquera aclaración, poden contactar con servizos sociais chamando ao 981770707 ou no enderezo electrónico [email protected].