“Betanzos te espera”. Betanzos volveu recuperar a súa lema turístico para reivindicarse en Fitur como un punto de visita obrigada en Galicia, apostando, nesta edición, pola riqueza histórica, e por poñer en valor o Betanzos gótico, referencia na nosa comunidade, coas igrexas de San Francisco, Santa María e Santiago. Unha fotografía das dúas primeiras ocupa toda a caseta que un ano máis Betanzos ten nesta feira e que o converten no único concello de Galicia que mantén un espazo propio.
A primeira edil, María Barral, presentou o anuncio dun minuto de duración na caseta de Betanzos e na caseta de Turespaña, promovido polo Ministerio de Turismo, que convidou ao Concello, como municipio referente, a presentar a súa campaña neste recinto.
O vídeo recolle imaxes do que “é Betanzos, a súa historia, cultura, comercio, gastronomía, tradición e vangarda”, indicou a alcaldesa, unha cidade “que encara o presente e mira ao futuro sen esquecer nin renunciar ao pasado. Porque é aí onde reside o noso principal valor, o que nos fai diferentes a outros municipios ou cidades”.
Barral indicou que a idea deste ano é reivindicar e fortalecer o lema que acompañou a Betanzos durante estes anos de pandemia na súa promoción turística: “Betanzos te espera”, E espérache por moitas razóns, para que te empapes de historia; para que goces das súas tradicións; da súa cultura; para que coñezas o seu amplo comercio, cercano, próximo e como non, para que goces da súa gastronomía, coa mellor tortilla do mundo”, indicou.
A primeira edil fixo alusión aos novos proxectos que se executarán nunha cidade “adaptada aos tempos, con novos proxectos que fortalecerán aínda máis nosa aposta polo Turismo e por dar valor á nosa historia cunha humanización integral do noso centro histórico; cunha reforma do mercado municipal para convertido no referente gastronómico, hostaleiro, e de produtos locais, de proximidade. Proxectos que sen dúbida farán que quen nos visita goce aínda máis deses recunchos máxicos que ten a nosa cidade”.
Lembrou que é unha das máis visitadas da provincia xunto coa Coruña e Santiago e que o visitante que chega a Betanzos “repite, e convértese no noso mellor embaixador, un favor impagable que nos obriga a seguir mellorando cada ano un pouco máis, e a seguir promocionando todo aquilo que nos distingue do resto”.
Por iso, explicou, “un ano máis tamén estamos aquí, en Fitur, nesta feira que é para nós o punto de partida anual na promoción de Betanzos e á que acudimos desde hai anos sendo o único municipio de Galicia que conta cunha caseta propia, o que reflicte, sen dúbida, a importancia que este sector ten para o noso concello”.
“Encantados de volver ensinarvos de preto, tan preto, o noso Betanzos, esa cidade de visita obrigada, esa cidade, xoia medieval, capital do gótico galego coas igrexas de San Francisco, Santa María do Azogue e Santiago; de rúas empedradas, de recunchos únicos, que a fan diferente, unha das antigas capitais do Reino de Galicia, que vos espera, que che espera para que goces das súas festas, ; que che espera coas romarías centenarias de Os Caneiros, polo noso río Mandeo; que che espera coa feira medieval, cada segunda fin de semana de Xullo, declarada de interese de Galicia e referente de mercados medievais en Galicia e que o próximo ano cumprirá as 25 edicións; que che espera coa súa Semana Santa, declarada de interese turístico de Galicia; que che espera co certame de Balconadas que converten ao noso centro histórico nun museo ao aíre libre, con decenas de obras colgadas nos balcóns das nosas vivendas; que che espera co Pasatempo, ese parque enciclopédico inigualable, polo que os betanceiros e betanceiras estamos a apostar para que volva brillar con luz propia e convértase no reclamo turístico que tería que ser hai anos, non só de Betanzos senón da provincia da Coruña”, indicou.
María Barral tamén fixo fincapé noutras citas importantes de Betanzos convidando os turistas a “atrapalo e gozalo” durante a súa Semana dedicada á Tortilla; durante do festival de Cinema, na sala máis antiga de España; para que descubras roteiros inesquecibles por carreiros únicos a beiras dos seus ríos.
Irmandamento gastronómico con Guijuelo
Dentro dos actos previstos en Fitur, tras a presentación da campaña/anuncio, hoxe venres tivo lugar o acto de “irmandamento” gastronómico dos concellos de Betanzos e Guijuelo. Foi na caseta deste último concello. Durante o acto, os dous municipios selaron a unión da mellor tortilla de España e o considerado tamén, por moitos, mellor xamón de España, o de Guijuelo. Con esta alianza, os dous municipios pretenden iniciar un camiño de promoción conxunta de ambos os produtos, segundo explicou a alcaldesa.
Betanzos desprazou para este acto a Alberto García e Ana María Suárez, do mesón O Pote de Betanzos, que o pasado mes de setembro conseguiron o primeiro posto no campionato de España de Tortilla de pataca. O acto celebrarase na caseta de Guijuelo.