O Concello de Betanzos continúa coa elaboración da proposta do plan de sustentabilidade turística

204

O Concello de Betanzos convoca a todos os axentes do territorio para a súa participación en diferentes mesas de traballo previas á solicitude dos Plans de Sustentabilidade Turística que convocará proximamente o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

O día 6 de febreiro terá lugar a Mesa de Traballo dirixida ao sector turístico ás 10:00 horas, a dirixida aos residentes no casco histórico ese mesmo día ás 17:00 horas e dirixida ao sector do comercio ás 20:30 horas. O día 7 de febreiro celebrarase a Mesa de Traballo dirixida a expertos e asociacións. Todas elas terán lugar no Edificio do Liceo.

Desde o Concello estase a realizar un gran esforzo por tratar de chegar a todas as empresas, do sector turístico e comercial, que estean interesadas en participar nestas xornadas. O enderezo de correo electrónico [email protected] atópase dispoñible para recibir inscricións daquelas empresas interesadas.

Así mesmo, na web do Concello www.novas.betanzos.es está dispoñible unha enquisa online para que toda a veciñanza poida transmitir o seu parecer sobre diversos aspectos turísticos e de desenvolvemento do territorio.

Ao tempo estanse a realizar entrevistas individuais en profundidade a diferentes expertos e asociacións.

Os Plans de Sustentabilidade Turística, incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado, que nesta ocasión teñen como temática as vilas termais e cascos históricos.