Betanzos conclúe a renovación do parque de xogos infantís do Vales Villamarín e volve reclamar a implicación da Xunta na mellora do edificio

145
A alcadesa María Barral e o concelleiro de educación Andrés Hermida visitaron as novas instalacións

O Concello concluíu as obras de renovación do parque de xogos infantís do colexio Vales Villamarín, uns traballos nos que se investiron uns 40.000 euros e que supuxeron a instalación de xogos e a renovación do pavimento con caucho corrido.

Trátase dunha actuación que o Concello consideraba prioritaria dada o estado de deterioración no que se atopaba o anterior parque, especialmente en canto a pavimento polo desgaste do paso do tempo.

Instaláronse varias randeeiras, unha estrutura de xogos e repúxose o valado do arenero. Na zona de caucho tamén foron deseñados diversos xogos para buscar a participación dos máis pequenos aproveitando que están situados nas zonas cubertas dos accesos ás aulas.

Estas obras completan outras levadas a cabo na zona coa creación de varios hortos urbanos que serán utilizados polos alumnos do colexio durante o curso.

A alcaldesa, María Barral, xunto aos técnicos municipais e a dirección do centro visitou as instalacións que serán agora completadas con outras actuacións que o Concello pretende impulsar. Neste sentido, a primeira edil Barral lamentou que o colexio Vales Villamarín e os institutos sigan sendo “grandes esquecidos ano tras ano” nos orzamentos da Xunta polo que se presentaron emendas que “esperemos a Xunta teña en conta”.

Entre elas, a alcaldesa pedirá que  a Xunta acometa a segunda fase de mellora do colexio Vales Villamarín, que tanto o Concello como a comunidade educativa levan reclamando desde hai anos, e que supón un investimento de contorna a uns 400.000 euros; así como a ampliación da zona de comedor para dar servizo aos alumnos do centro e evitar que utilicen o actual salón de actos para esta finalidade.

María Barral explicou que se trata dunhas obras longamente demandas e que “chegou o momento de que a Xunta as encare para completar a primeira fase do proxecto, realizado hai uns anos, e que supuxo unha importantísima mellora dunhas instalacións nas que estudan uns 800 alumnos. “Non podemos quedarnos de brazos cruzados. Un colexio como o Vales Villamarín non pode permanecer cunha parte arranxada e outra sen practicamente nin tocar. Con iso o único que está a facer a Xunta é discriminar a nenos e nenas de Betanzos tanto en relación con outros concellos ou colexios con moito menor número de alumnos; como entre os escolares do propio centro, que perciben diferenza dependendo do lugar no que teñas clase dentro do edificio”.

Para o Francisco Aguiar, o goberno local reclamou actualización ventás, pintado de edificio, renovación da zona das “porquerizas” por un montante total duns 400.000 euros.