Betanzos iniciou as obras de renovación da rúa Pintor Seijo Rubio

767

O Concello continuará esta semana o plan de renovación de rúas coa mellora de Pintor Seijo Rubio, a través dunha actuación que suporá un desembolso de 254.988,35 euros dentro do POS+2019. Como consecuencia do inicio das obras, a rúa sufrirá restricións de tráfico, e quedará cortada a circulación desde o cruzamento de Pintor Seijo Rubio con Alexandre Bóveda ata a antiga N-VI.

O proxecto contempla a substitución de rede de sumidoiros e a recollida de pluviais. Á súa vez, renovaranse as beirarrúas e os pasos de peóns da rúa do mesmo xeito que se fixo nos proxectos das rúas Venezuela, Alcalde Beccaría ou Alcalde Tomás Dapena. Como consecuencia da optimización de trazado das beirarrúas, exponse ademais a preinstalación de conducións e arquetas para a futura instalación dun sistema de iluminación.

Ensancharanse as beirarrúas, mellorándose o seu trazado e proxectando ensanches para os pasos de peóns. Repintaránse os sinais do chan e o equipamento urbano existente de maneira homoxénea. Substituiranse todas as tapas das instalacións e reporanse os elementos afectados polo paso do tempo.

Por outra banda, delimitarase a zona de aparcadoiro, así como o aproveitamento das beirarrúas para o novo trazado dos pasos de peóns. Eliminaranse as barreiras arquitectónicas para persoas con mobilidade reducida. Reporase a sinalización viaria por completo, incluíndo a anteriormente citada área de aparcadoiro. Serán instaladas as papeleiras e os bolardos fixos.

O firme renovarase para dar paso a un máis consistente e homoxéneo en todo o seu conxunto, co que se aumentará a seguridade viaria tanto dos peóns como das persoas condutoras.