O Concello prepara a volta ás clases desinfectando as zonas limítrofes aos centros escolares

554

O programa de limpeza inclue o precinto dos xogos infantís dos centros educativos así como a adaptación destes coa sinalización e a dotación de material de desinfección. A alcaldesa, Maria Barral, explicou que desde o Concello manterase unha liña de colaboración cos centros educativos para cubrir aqueles aspectos que sexan necesarios co fin de que “esta volta ás aulas sexa a máis segura posible”.

Indicou que desde hai semanas mantense contacto directo coa dirección do centro programando as actuacións de adaptación necesarias no centro, tanto en primaria como en infantil. “Son actuacións que aínda que non son competencia directa do Concello, ao non ser atendidas nestes momentos pola Xunta, o Concello as abordará”. Entre elas, a alcaldesa lembrou a adaptación de aulas en Infantil; a compra de mobiliario para que se poidan manter distancias sociais, a contratación de servizos de monitores ou de limpeza. “Todo será asumido polo Concello que con iso pretende garantir a seguridade e facilitar a conciliación”, explicou María Barral.

O Concello tamén adaptará a contorna do colexio para facilitar a entrada e saída de escolares e trasladou a súa disposición a colaborar con outros centros “na medida das nosas posibilidades”. Do mesmo xeito que xa fixo durante o confinamento e as fases de desescalada, pondo a disposición do alumnado aparellos para a conexión por internet e que todos, en igual de condicións, puidesen continuar os seus estudos desde casa, “imos seguir nesa liña para que ninguén queda atrás”.