O Concello e a dirección do colexio Vales Villamarín pecharon o protocolo para entrar e saír do colexio unha vez empecen as clases do próximo curso escolar. O protocolo xunto con outra serie de medidas forma parte da colaboración do Concello co centro escolar, asumindo unha serie de actuacións que terían que ser competencia da Xunta pero que o goberno local abordará para garantir a seguridade dos alumnos e alumnas do colexio e aulario. Neste sentido, inclúese tanto actuacións en materia de adaptación de instalacións; compra de material; e contratación de servizos de limpeza e de monitores.
O protocolo presentado e do que se informará ás familias de alumnos e alumnas por parte da dirección do centro prevé dúas situacións, unha para o aulario de Infantil e outra para o colexio de Primaria. En ambos os casos, pero de forma especial no caso do centro de Primaria, o Concello e a dirección do centro piden que na medida dos posible “o desprazamento á zona escolar realícese a pé e evítese o uso dos coches”.
Para o aulario de infantil:
- Preferencia na entrada para os nenos e nenas que cheguen ao colexio en autobús.
- As familias que acompañen aos menores poderán entrar pola porta principal e a saída pola porta traseira do centro. Á hora de recoller, deberán acceder pola porta traseira e saír pola principal. Pedirase máxima puntualidade. Para deixar aos nenos sobre as 8.55 h-9.00 h e a saída sobre as 13.45 h. Haberá un dispositivo especial de Policía Local e Protección Civil.
Para o centro de Primaria:
- Daráselle prioridade aos nenos e nenas que cheguen en autobús. Estes autobuses estacionarán ao longo da calzada pegados á beirarrúa de acceso ao colexio. Por esa razón, esta beirarrúa será de uso exclusivo para os alumnos. Nela non poderán estar adultos.
- O illote delimitado ata o de agora para aparcamento enfronte ao colexio será a partir do próximo curso o punto de acompañamento de alumnos. Ata aí poderán acompañar os adultos aos alumnos/ as de segundo a sexto de primaria para acceder ao colexio e aí deberán esperalos á saída do centro.
- No caso dos de primeiro de primaria, dado que son os máis pequenos do colexio e que utilizarán as instalacións por primeira vez, accederán por unha porta situada entre o colexio Vales Villamarín e o Francisco Aguiar, que será tamén o lugar polo que saian do centro. Neste caso, os acompañantes poderán permanecer na beirarrúa próxima a esta porta.
- Haberá un dispositivo especial para regular a chegada e saída de alumnos.
Comedor escolar e servizo de madrugadores,
Este protocolo súmase ao do comedor escolar e o do servizo de madrugadores, dous servizos que o Concello garante dentro do seu programa de conciliación da vida familiar e laboral. O servizo poñerase en marcha o día 14.
Por primeira vez, para dar servizo aos 288 alumnos de Primaria deste colexio que solicitaron praza neste servizo, no horario do mediodía habilitaranse dúas quendas, de 14.00 a 14.45 horas de primeiro a terceiro curso de primaria; e de 15.00 a 15.45 horas para os de cuarto, quinto e sexto. Con estas dúas quendas, poderase desenvolver o servizo mantendo as medidas de seguridade ás que obriga a Covid-19, especialmente en canto a distancia persoal do alumnado.
O goberno local explicou que o establecer dúas quendas é a única alternativa para admitir a todo o alumnado que solicitou praza no servizo municipal de comedor escolar. “Aínda habilitando, ademais do espazo destinado a comedor, todo o salón de actos do colexio, a distancia que hai que manter entre alumnos fai que haxa que ocupar toda esta zona do centro escolar”, indicaron.
En canto aos horarios fixados para as dúas quendas responden a que o horario escolar fixa a finalización das clases lectivas ás 14.00 horas co cal “non había posibilidade de adiantar o horario de comedor “. O que si se fará é que os alumnos que coman no colexio de primeiro, segundo e terceiro terán prioridade na saídas da aula para que conclúan as clases un pouco antes e así poder empezar a comer ás 14.00 horas.
A implantación das dúas quendas conlevará tamén a que por parte do Concello establézase un servizo de atención aos escolares. Así, mentres come o primeiro grupo, o alumnado de cuarto, quinto e sexto esperará nunha zona cuberta das instalacións, en grupos reducidos e supervisados por monitores.
O alumnado desa primeira quenda (primeiro, segundo e terceiro curso) terá que saír ás 14,45 h agás que por necesidades de conciliación familiar debidamente xustificadas, teñan que permanecer no colexio ata as 16 h . Neste caso, estarán noutras dependencias escolares, sempre baixo a supervisión de monitores.
Entre quenda e quenda, realizarase a desinfección tanto do comedor como dos demais espazos que se utilizarán, o que implica dispoñer de intervalos de tempo nos que estean totalmente baleiros e por tanto, de máis espazos de tránsito.
O Concello explicou que asumirá o custo non só dos monitores e da limpeza, senón tamén da adaptación necesaria destas instalacións, co único obxectivo de que “os nosos veciños e veciñas dispoñan dun servizo imprescindible para poder conciliar a súa vida familiar e laboral e este, conte con todas as medidas necesarias que garantan a súa seguridade”.
Lamentou, iso si, que “como xa trasladou hai uns días a Alcaldesa, o Concello non reciba ningunha achega da Xunta, que é quen debería de asumir todos estes gastos”.
Debido a esta nova organización do servizo, para o Concello é imprescindible “coñecer con exactitude o número de nenos e nenas que o utilizarán” polo que persoal técnico municipal está a contactar esta semana telefonicamente de forma individual coas persoas solicitantes para aclarar estas novas condicións do servizo de comedor e confirmar o número de alumnado asistente, xa que as limitacións de aforo nas reunións, impide facer unha convocatoria tan numerosa. Posteriormente comunicarase a nova orga