CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xuño

44

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar cinco actividades formativas.








O 3 de xuño comezamos co taller “Saúde financeira: Descubra e mellora as túas finanzas persoais” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h.

O 4 de xuño comezamos co taller “Primeiros Auxilios” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:00 h.

Os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de xuño celebrarase o curso “Conceptos básicos de audiovisual e edición de vídeo” dirixido ao público en xeral con coñecementos previos de informática. Esta actividade levarase a cabo por videoconferencia en horario de 09:00 h a 12:00 h.

O 10 de xuño comezamos a charla “Medios de pago dixitais e financiamento de compras” dirixido ao público en xeral e sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.

O 11 de xuño comezamos a conferencia “Testamento vital” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 12:00 h a 14:00 h.

O 17 de xuño comezamos o coloquio “Banca en liña e comercio electrónico. Consellos de prevención fronte ao fraude” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.

O 21 de xuño comezamos a charla “Contaminación luminosa” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.betanzos@xunta.gal.