Convocatoria   de  axudas  para  a adquisición  de vivendas  emprazadas  nos  centros  históricos

517

O  Diario  Oficial  de  Galicia  publicou  o  15  de  marzo  de  2021  a  convocatoria   de  axudas  para  a adquisición  de vivendas  emprazadas  nos  centros  históricos  recollidos  no  anexo  da  Orde  do  1  de marzo de 2018, nos termos indicados  no  ordinal segundo    g) . Entre os concellos  incluídos  atópase Betanzos.

As  axudas  para  adquisición  de  vivenda  acadan  os  12.800  euros  por  vivenda  cando  os  adquirentes teñan menos  de 35 anos e 10.800  euros  no  resto dos  casos. Se a vivenda  se atopa  no ámbito  dunha área  Rexurbe  declarada  o  importe  da  axuda  pode  acadar  o  15.000  euros,  independentemente  da idade do adquirente.

Estas  axudas  teñen  como  obxectivo  contribuir  a  dinamización  dos  centros  históricos  declarados  en Galicia a través da chegada aos mesmos de novos poboadores, polo que agardamos que dende o seu concello lles dean  a meirande  difusión  posible co obxectivo  de que  todos os cidadáns interesados  se poidan beneficiar  das mesmas.

O  prazo  de presentación  de  solicitudes iniciouse  coa  publicación  da convocatoria  no  Diario  Oficial de  Galicia  e  rematará  o  1  de  setembro  de  2021 ,  salvo  esgotamento  dos  fondos.  O  programa  está dotado este ano  cun total de 600.000 euros.

Agradecemos  a  colaboración   que  poida  prestar  á  difusión  desta  axuda  na  procura  de  ofrecer  o mellor servizo aos seus concidadáns, para o que lle achegamos  folleto informativo.

Para descargar o folleto informativo prema aquí