O Concello destina outros 96.000 euros a axudas á hostalaría afectada polo peche pola Covid

362

O Concello manterá as axudas da parte que lle corresponde a todos os hostaleiros e hostaleiras (96) que as solicitaron dentro do acordo establecido entre o Concello e a Xunta para aqueles negocios que se viron afectados polo peches de actividade por mor da Covid-19.

A partida económica da Xunta só alcanza a 80 hostaleiros e hostaleiras, e deixa fóra aos 16 restantes. No entanto, o goberno local decidiu outorgar tamén os 1000 euros que destina a cada establecemento a eses 16 locais que quedarán fóra. En total, o Concello repartirá 96 000 euros en axudas.

A decisión foi dada hoxe a coñecer pola alcaldesa, María Barral, que anunciou explicou que estas axudas se unen ás convocadas en fases anteriores polo propio Concello dentro do Reactiva Betanzos, para comercio e hostalaría, e ao PEL-Reactiva provincial para os profesionais autónomos e autónomas e as microempresas. Entre as dúas administracións destináronse uns 400 000 euros a axudas.