Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Todo el Día
Campaña “Betanzos, poesía no comercio”
Nos comercios betanceiros, de difusión das poesías galegas creadas polo alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamizacón Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín con motivo do Día internacional do libro e da lectura e o Día das Letras Galegas.
Más información »Exposición sobre a vida e obra de María Victoria Moreno
En horario de 10:00 h a 13:00 h e 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados. Organiza o Concello de Betanzos e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Exposición bibliográfica sobre a vida e obra de María Victoria Moreno
No horario habitual da biblioteca, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 10:30 h a 13:00 h. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Exposición dos debuxos participantes no IX Concurso de carteis das Letras Galegas
En horario de 10:00 h a 13:00 h e 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Exposición de obra gráfica
Exposición de Mario M. Martínez titulada “Gestión de recursos”, na Sala de Exposicións Temporais da Sede da Fundación CIEC, de martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Más información »Exposición “A pegada ecolóxica”
Cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), en horario de 10:00 h a 13:00 h e 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados. Organiza Concello de Betanzos.
Más información »Mostra de pintura titulada “Personaxes”
Da artista Carmen Prado (Lugo, 1963) en horario de 10:00 h a 13:00 h e 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados. Colabora o Concello de Betanzos.
Más información »En marcha
Obradoiro “Aprende a usar o móbil”
Para máis información e inscricións (ata o día 21/05) na propia aula, no teléfono 981 770011 ext. 2401 e tamén na páxina web https://cemit.xunta.gal/es/centro/15. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »08:00
Representación teatral da obra “Falar sen cancelas”
Interpretada pola compañía Culturactiva. Organiza o Concello de Betanzos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.
Más información »11:00
Visita guiada “ Viños, santuarios e ríos”
Con punto de reunión para a saída na Oficina de Turismo. Para máis información e inscricións na propia Oficina situada na Praza de Galicia 1, no teléfono 981 776 666 / 638 543 169 e no enderezo electrónico [email protected] e twitter: @turismoBetanzos. Organiza o Concello de Betanzos. Prazas limitadas.
Más información »