Betanzos en marcha contra o cancro

64
A alcaldesa María Barral e o concelleiro de participación cidadá Ricardo Cheda, xunto aos representantes da asociación española de loita contra o cancro en Betanzos

Betanzos sae ás rúas para rexeitar o cancro e apoiar a súa investigación.

A Asociación Española Contra el Cáncer e a Asociación Española contra o Cancro en Betanzos organizan, xunto co Concello de Betanzos, unha andaina solidaria, o Domingo 26 de maio ás 11:00 horas

5 quilómetros desde a Praza Irmáns García Naveira

Podes conseguir o teu dorsal de ‘Betanzos en marcha contra o cancro’ nalgunha das ubicacións que aparecen no cartel ou premando AQUÍ e colabora na pelexa contra esta enfermidade.