O Concello ampliará a situación de excepción con respecto da ampliación da superficie das terrazas de hostalaría ata o 31 de marzo

367

O Concello ampliará o ata o 31 de marzo as autorizacións excepcionais sobre as terrazas de hostalaría dentro da súa liña de colaboración co sector hostaleiro dada a situación sanitaria actual.  Trátase da terceira ampliación dos prazos, xa que o actual finalizaría o 1 de xaneiro.

Así, as terrazas manterán a superficie da que dispuxeron durante este último ano e medio de forma excepcional dentro das accións adoptadas en beneficio do sector e acordes para garantir as medidas de seguridade esixidas polas administracións superiores pola  pandemia.

A pesar dese incremento de superficie outorgado polo Concello, débese respectar en todo caso a proporción entre mesas e superficie dispoñible, e non se pode, baixo ningún aspecto, superar o número de mesas  que ten cada establecemento na súa solicitude de autorización. Neste sentido, desde a área de Urbanismo faise un chamamento á hostalaría e á clientela para que se respecten as distancias de seguridade.

A Policía Local fará un especial seguimento do cumprimento das normativas e  a “obriga” de manter a distancia entre mesas e de número de persoas nos grupos de reunión.