O Concello apraza a Semana do Pincho pola COVID-19

576

O  Concello decidiu aprazar a Semana do pincho que estaba prevista para inicios do próximos mes de decembro.

As actuais circunstancias da pandemia, coas restricións en canto á utilización das barras dos establecementos hostaleiros, mobilidade na comarca, unido ao límite de número de persoas en reunións, motivaron a decisión.

 

A concelleira responsable desta área,  Anxeles Veiga, trasladou a decisión aos hostaleiros que participaron na última edición, unha decisión que tamén contou coa súa aprobación.

A edil explicou que tan pronto as condicións melloren, buscarase unha nova data para a celebración desta semana  do Pincho, un evento gastronómico que nos últimos anos converteuse nunha referencia na comarca e que axuda tamén, de forma notable, a “promocionar a hostalería e a cociña de Betanzos”.