O Concello de Betanzos abriu as instalacións do centro social da terceira idade da praza García Naveira

1270

O edificio foi obxecto de obras de mellora, entre as que se destacan os labores de pintado, carpintaría e electricidade, así como a adquisición de novos xogos de mesa

O Concello de Betanzos abriu as instalacións do centro social da terceira idade situado na praza dos Irmáns García Naveira, en pleno centro neurálxico da cidade.

O edificio foi obxecto dunha serie de intervencións para mellorar as estancias, entre as que se destacan os labores de pintado, carpintaría e electricidade.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral e a concelleira de Dinamización Asociativa Mónica Carneiro, visitaron as instalacións do centro social, e manifestaron a súa total aprobación dos traballos. “Esta intervención serviu para dotar dun mellor aspecto a este espazo, moi concorrido polos nosos maiores”, destacaba a alcaldesa.

Na liña das últimas intervencións nas dependencias municipais

Estas actuacións súmanse ás que se están realizando no Edificio Arquivo, no lucernario, que van acompañados aos de reparación da fachada en varios tramos, xa que presenta humidades, e a substitución dos sistemas de portas abatibles de acción manual por outras automáticas de acceso ás oficinas municipais.