O concello de Betanzos, entrega o premio Úrsula Meléndez a Carmiña Moar, mestra panadeira. Galeria de imaxes

908

A alcaldesa María Barral fixo entrega o premio Ursula Meléndez de Texeda 2021 a Carmen Moar, mestra panadeira nun acto celebrado no salón azul do edificio Liceo o pasado venres 27 de marzo

 

 

 

Como é ben sabido o 31 de decembro panadería Moar, pechou as súas portas, foi un dos fornos máis antiguos e tradicionaisde Betanzos e probablemente tamén de España. Data a súa antigüidade ala polo 1578.

O Concello considerou que Dª Maria del Carmen cumpre con todas as cualidades para o que foi creado este premio, traballo en igualdade, esforzo e mérito como muller que desenrolou no noso Concello ao longo da súa vida; sabendo dirixir o seu negocio sen perder o enxebre e a calidade dos seus inicios.

 

 

Carmiña do Moar como todos a coñecemos en Betanzos sen dúbida alguha é unha muller que soupo liderar un negocio familiar dende nena, e como ben dixo ela; pódese dicir que naceu alí, dando aos veciños betanceiros a posibilidade de poder disfrutar de bo pan e empanadas feitas con boa leña.

63 dos seus 71 anos pasounos traballando e dirixindo o que máis lle gusta facer, elaborar pan, á vez que formou  unha familia  intregrándoa dentro do negocio sen perder o liderazgo polo que se refiren a ela, de modo cariñoso, como a matriarca. Algo que di moito de ela como muller xa que soupo manter o sabor a pobo nun mundo onde a tecnoloxía facía estragos co tradicional.