Presentación en Betanzos da nova experiencia de catamarán eléctrico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

57

Trátase dun produto turístico para poñer en valor o territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Un catamarán eléctrico e accesible que fará varios percorridos polos concellos Betanzos,  Miño, Sada, Bergondo, Paderne e Coiros . É unha opción idónea para grupos reducidos e permite coñecer paraxes espectaculares

 

A iniciativa, organizada pola empresa A-02velas, forma parte da estratexia de #ecoturismo da Reserva de Biosfera.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da presentación en Betanzos da nova experiencia da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo