Xornadas escolares waterpolo

98
Dende a Concellería de Deportes do noso Concello, estamos a levar a cabo unhas xornadas de información sobre o waterpolo en idade escolar, xunto coa colaboración do Club Waterpolo Coruña.
As charlas informativas, impartidas por Carlos Cayado, pertencente ao club coruñés, están enfocadas cara a nenos e nenas en idade de Educación Primaria, concretamente para os niveis de cuarto, quinto e sexto.
Durante esta semana, todos o nenos e nenas do CEIP Francisco Vales Villamarín puideron coñecer esta modalidade deportiva, observando cales son os aspectos técnicos desta disciplina, pero tamén todos os valores que rodean esta modalidade deportiva (favorecer o proceso de socialización dos nenos/as, hábitos saudables…).

Igualmente, fíxose un pequeno percorrido pola historia deste deporte, observando as modificacións ata os nosos días, así como a observación de como cada vez a modalidade feminina está cada vez máis presente nesta disciplina, chegando a acadar numerosos éxitos internacionais e mundiais.
O obxectivo desta iniciativa non pretende rematar aí, se non que, unha vez se faga o estudo das enquisas que a rapazada leva para as súas casas, e as familias valoren a actividade, se materialice en xornadas de iniciación ao waterpolo na piscina municipal de Betanzos.
O concelleiro de deportes, Ricardo Cheda, amosa a súa satisfacción ao concluír o éxito que está tendo esta iniciativa, o interese amosado polos nenos e nenas, a colaboración permanente co profesorado do colexio, a facilidade de exposición de Carlos Cayado, e a organización de todas as conferencias realizadas. “Estase a amosar unha disciplina nova, nunca antes ofertada para os nosos nenos e nenas, da que pode chegar a materializarse un interese social grande, tendo en conta a cantidade de nenos e nenas do noso municipio”.