O Concello e ABANCA organizaron o pasado día 22, un concerto especial, gratuíto, da Orquestra Sinfónica na praza García Irmáns.

Trátouse dun concerto, enmarcado nos actos do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao actual centro histórico, “único” non só polo repertorio, con “chiscadelas” á cidade, senón polo marco no que se desenvolverá.

A alcaldesa, María Barral, agradeceu a colaboración extraordinaria de ABANCA co 800 aniversario e o interese mostrado, persoalmente, por D. Javier Echeverría, fillo adoptivo de Betanzos, para que este concerto teña realidade en Betanzos, un concerto “único que só se puido celebrar ata agora en Santiago ou A Coruña e que os betanceiros e betanceiras van poder gozar coincidindo coas festas”.

María Barral explicou que o acordo se enmarca dentro da colaboración que desde hai anos mantense con “ABANCA, cuxo xerme, o Banco Echeverría é betanceiro polos catro custados, con actuacións non só no ámbito cultural senón tamén no social ou no dos equipamentos”.

A primeira edil lembrou, ademais, que o concerto tivo unha “chiscadela especial” á historia da cidade, coa presenza das danzas gremiais, entre outros temas, que se interpretarán nun concerto “único, tanto polas obras para interpretar como o marco, a contorna, no que se desenvolverá”.

ABANCA patrocinou o concerto que estará dirixida por José Trigueros e interpretará un programa que inclúe un reportorio popular con grandes éxitos da música sinfónica, desde a suite ‘Carmen’ de Georges Bizet e o ‘Capricho español, op.34’ de Nikolai Rimski- Kórsakov, ata música latinoamericana coa obra ‘ Oblivion’ de Astor Piazzolla e ‘Danzón nº2’ de Arturo Márquez.

O acordo co Concello e a OSG para o desenvolvemento deste concerto enmárcase no compromiso coa promoción e divulgación das artes escénicas e musicais que realiza ABANCA.