Prazas cubertas no contancontos dos Sábados miúdos do 2 de marzo

396

O contacontos “A viaxe de Nano” que terá lugar o vindeiro sábado 2 de marzo ten as prazas cubertas. Cubríronse as vinte prazas por orde de inscrición e preferencia dos nenos e as nenas empadroadas.

A inscrición segue aberta, segundo o prazo indicado inicialmente, ata o 28 de febreiro, e os nenos e as nenas inscritas e que se inscriban nestes días que non obteñan praza estarán na listaxe de agarda que se utilizará no caso de que haxa algunha baixa entre os participantes.

O vindeiro mes de abril haberá un novo contacontos o 27 de abril “O berce das verbas” para nenos e nenas de 12 meses a 4 anos cuxo prazo de inscrición estará aberto entre o 15 e o 25 de abril en www.betanzos.net, onde se publicará toda a información da actividade.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) e no enderezo electrónico [email protected]