Acto de presentación do club de atletismo Brutanzos Team. Galería de imaxes.

28
O pasado venres 10 de maio, tivo lugar na aula Xulio Cuns o acto de presentación do club de atletismo Brutanzos Team, unha nova entidade deportiva que se suma ao noso deporte local.

Numerosos integrantes do club gozaron da presentación deste novo proxecto, onde o seu presidente, Jose, comentou a idea xeral do club, e os futuros pasos a dar.


O concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, acompañou aos membros do equipo no acto de presentación.


Desde o concello de Betanzos desexámoslles a maior das sortes nesta nova aventura