Visita da alcaldesa María Barral a María Illobre, betanceira que acaba de cumprir 100 anos. Galería de imaxes.

394
A alcaldesa María Barral fíxolle entrega dun ramo de flores e unha placa conmemorativa.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, visitou a María Illobre Caamaño, unha betanceira que acaba de cumprir 100 anos. María, que pasa estes días na casa dun dos seus fillos en Saavedra  Meneses, viviu toda a vida no centro histórico da cidade.

Muller moi activa na vida do centro social de maiores e, en xeral, na vida social de Betanzos, participando tanto en programas de radio como en teatro.

A alcaldesa felicitoulle por estes 100 anos en compañía da súa familia encabezada polos seus dous fillos, Jesús e José.