O Concello felicita a Antón Lagares e Javier Cid polos seus éxitos no Campionato...
O Concello de Betanzos quere expresar a súa máis sincera felicitación aos deportistas betanceiros Antón Lagares e Javier Cid, do Club Ría de Betanzos, pola extraordinaria actuación protagonizada no Campionato do Mundo Júnior de Canoa, disputado en Canadá.
O Concello recibe ao equipo infantil feminino do Santo Domingo Betanzos polo seu ascenso...
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, recibiron na Casa do Concello ao equipo infantil feminino do Club Santo Domingo Betanzos para felicitalo polo seu brillante ascenso á 1ª División Infantil Feminina.
Máis de 400 deportistas participaron na XXXI Travesía Ría de Betanzos – Campionato Galego...
Betanzos acolleu esta fin de semana a XXXI Travesía Ría de Betanzos – Campionato Galego de Travesías 2026, unha destacada cita deportiva que reuniu a máis de 400 participantes procedentes de distintos puntos de Galicia.
Aberto o prazo de inscrición para novos cursos de natación no Complexo Deportivo O...
O Complexo Deportivo Municipal O Carregal vén de abrir o prazo para novas inscricións nos cursos de natación correspondentes á tempada 2026/27.
Betanzos acolle a presentación da primeira regata do V Circuíto da Deputación da Coruña
O Cine Alfonseti acolleu o pasado 30 de maio a presentación da primeira regata do V Circuíto da Deputación da Coruña, unha competición que se celebrará en Betanzos os días 13 e 14 de xuño, coincidindo coas festas do barrio da Ribeira.
Betanzos acollerá a XL edición do Torneo de Fútbol Sala San Roque 2026
O Concello de Betanzos e o club Troula Betanzos FS organizan a XL edición do Torneo de Fútbol Sala San Roque 2026, unha cita xa consolidada no calendario deportivo local e que reunirá durante o verán a numerosos equipos e xogadores afeccionados ao fútbol sala.
Preto de 450 mulleres participaron o sábado na Copa de España Féminas de ciclismo
Betanzos acolleou o pasado sábado 13 de abril, a Copa de España Féminas de ciclismo en estrada, que contou coa presenza na cidade de preto de 450 mulleres, de 27 nacionalidades distintas, pertencentes a máis de 45 equipos de todas as categorías.
O Concello de Betanzos organiza unha nova edición de rutas de sendeirismo polo Camiño...
O Departamento de Deportes do Concello de Betanzos pon en marcha unha nova edición do seu programa de roteiros de sendeirismo, que este ano terá como protagonista o Camiño Miñoto Ribeiro, tamén coñecido como o Camiño das Geiras ou dos Arrieiros.
O Club Ciclista Betanzos presenta a súa nova tempada e renomea as súas escolas...
O Club Ciclista Betanzos (CCB) celebrou o pasado venres 13 de marzo o acto de presentación da súa nova tempada, nunha gala que serviu tamén para anunciar o cambio de nome das súas escolas, que pasarán a denominarse Escolas Club Ciclista Betanzos José Ventosa.
Betanzos organizará tres marchas ciclistas de primavera en marzo e abril
O Concello de Betanzos celebrará nas próximas semanas unha nova edición das Marchas de Primavera 2026, unha iniciativa deportiva que busca promover a actividade física e o ciclismo entre a veciñanza.















