Betanzos comenza o servizo de atención temperá xunto aos concellos de Paderne e Oza-Cesuras

197

Betanzos, Paderne e Oza-Cesuras comenzan a prestación conxunta do servizo de atención temperá. Os seus alcaldes e alcaldesa, María Barral; César Longo e Pablo González visitaron as instalacións de Pai Menni onde se vai a desenvolver o servizo que poñen en marcha os tres concellos, de maneira conxunta, o que permitirá que a veciñanza non  teña que desprazarse á unidade de referencia que lles correspondía ata o de agora, ubicada no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña.

 

A atención temperá é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Para descargar a ordenanza de prestación do servizo de atención temperá prema aquí

O acceso a este servizo requirirá en tódolos casos da derivación formal por parte dos servizos de pediatría, ademais de ter que cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter entre 0 e 6 anos de idade.
  • Figurar empadroado/a nalgún dos tres concellos da agrupación antedita.
  • Ter diagnosticado algún trastorno no desenvolvemento ou estar en risco de padecelo.

As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica no formulario dispoñible na sede electrónica do Concello de Betanzos sede.betanzos.gal (servizos sociais).

Para solicitar a alta en Servizo de Atención Temperá prema aquí

A posta en marcha do servizo, ademais de facilitar a conciliación ás familias, permitirá tamén ampliar as prazas de atención coas que conta actualmente o Hospital de A Coruña, e polo tanto, reducir as esperas para iniciar as terapias, que nalgúns casos achéganse ata un ano.

O servizo está integrado na Rede Galega de atención temperá e subvencionado pola Xunta de Galicia a través do FSE Galicia 2014-2020.