Betanzos e a Universidade clausuran o programa universitario para maiores de 50 anos no que participaron 75 persoas. Galería de imaxes.

200
A alcaldesa María Barral no acto de clausura da edición de este ano

O Concello de Betanzos e a Universidade Sénior da Universidade da Coruña clausuraron a cuarta edición do Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos, un programa de formación específico para os adultos maiores de Betanzos, que se desenvolveu durante os meses de outubro e novembro no Cine Alfonsetti e que contou con 75 participantes.

A alcaldesa, María Barral, felicitou aos participantes e agradeceu a Universidade que apostase novamente por Betanzos para desenvolver o programa.  “Hai tres pilares básicos na nosa forma de entender a política: a educación, a cultura e o ámbito social, tres aspectos que diferencian a acción de goberno e que, sen dúbida, marcan a nosa folla de ruta. Cando falamos de educación, sempre nos centramos na etapa escolar, porque quizá é a que máis afecta á xestión municipal. Desde infraestruturas ou equipamentos ata os programas de axudas para material escolar, comedor, etc… Pero eramos conscientes que había unha parte da poboación á que en materia educativa tiñamos que ofrecerlle contidos, actividade. Non nos podiamos quedar atrás e máis nun tema tan sensible para nós como a educación”.

En este sentido, indicou que “aí xurdeun fai uns anos a posibilidade de chegar a un acordo coa Universidade da Coruña, a Universidade Senior, e implantar un programa formativo que dé resposta ás inquietudes e necesidades dos maiores de 50 anos, un programa para compartir experiencias e coñecemento”. A alcaldesa manifestou o seu desexo de continuar o programa o vindeiro ano.

A actividade incluiu un programa específico de tres seminarios impartidos por profesorado da Universidade da Coruña con sesións teóricas e prácticas ou saídas de campo. Abordáronse temas vinculados a:

    • Patrimonio Social e Cultural
    • Medio Ambiente e Sustentabilidade
    • Saúde e Benestar