Betanzos presenta en Fitur a imaxe dunha emoticona da tortilla para incorporarse a nivel internacional á linguaxe dixital

520
A alcaldesa, María Barral, durante a presentación da campaña xunto á Ministra de Turismo, Reyes Maroto, na caseta de Betanzos en Fitur.

Betanzos presentou en Fitur un bosquexo da emoticona da tortilla. Trátase dunha aposta porque esta imaxe da tortilla, que forma parte do día a día da gastronomía española, estea representada tamén nas aplicacións móbiles como Whatsapp. “Que cada vez que convidamos a alguén, que cada vez que falemos da tortilla, utilicemos a imaxe deste produto nas nosas aplicacións e Betanzos quere impulsar esta solicitude, como tortilla referente en España”, explicou a alcaldesa, María Barral, durante a presentación da campaña xunto á Ministra de Turismo, Reyes Maroto, na caseta de Betanzos en Fitur.

É, sen dúbida, unha das novidades deste ano na feira. Que as aplicacións máis utilizadas por todos a nivel móbil e informático incorpore a imaxe dunha tortilla de patacas, a tortilla española, e quen mellor que para impulsar este obxectivo que “o municipio que ten a mellor tortilla, referente deste produto en España, como Betanzos”.

O bosquexo foi presentado recollendo as especificacións que esixe o Unicode Consorsium, unha organización a nivel mundial sen ánimo de lucro que xestiona e administra o estándar de codificación de caracteres da industria informática. Basicamente este consorcio o que fai é permitir que en todos os dispositivos, programas e plataformas, estes códigos, que son en definitiva as emoticonas, se vexan de maneira similar e consensuada, indicou a primeira edil.

A partir desta presentación, Betanzos comezará agora unha campaña de divulgación ata presentar a solicitude oficial no Unicode para dar a coñecer a imaxe en redes sociais e mesmo modificar esta primeira proposta. “O obxectivo final é que a tortilla forme parte da serie de emoticonas que utilizamos nos nosos teléfonos móbiles, por exemplo. Sabemos que ten que ser unha imaxe xeral da tortilla,  non pode estar centrada só na tortilla de Betanzos aínda que a imaxe proposta parte do noso cartel da Semana da Tortilla. É dicir, trátase dun produto composto por pataca e ovo, no que mesmo se aprecia o ovo máis líquido. Esa é a nosa tortilla que queremos facer visible a nivel internacional”, indica a alcaldesa.

María Barral indicou que a campaña de promoción desta emoticona centrarase nas redes sociais aínda que “non é o importante para que Unicode elixa incorporar o produto á súa listaxe. Non é sinxelo, porque ten que cumprir unha serie de parámetros. Levará un tempo e agardamos que se poida concretar este mesmo ano e admitan a nosa proposta que sabemos, conta co apoio de moita xente en toda España”.

Pantallas xigantes      

Por outra banda, durante proxectaronse nas pantallas xigantes de Gran Vía Callao unha imaxe da tortilla e do globo de Betanzos, dous dos seus símbolos, que contou coa admiración de miles de persoas, baixo a lema “Betanzos, te espera”.

Trátase dunha das accións desenvolvidas estes días durante a celebración de Fitur, onde a alcaldesa mantivo tamén reunións con máis dunha decena de operadores de turismo para que inclúan nos seus programas visitas a Betanzos.

Ademais, presentouse, convidado o Goberno de España, a nova campaña de promoción turística cun vídeo no que se recollen imaxes do centro histórico, o globo, os ríos, as festas e a hostalaría, con presenza especial da tortilla e o viño de Betanzos.