Betanzos repartirá máscaras a todos as persoas maiores de 65 anos, aos nenos e nenas de 6 a 14 anos, ás familias con menos recursos e ás persoas que padezan patoloxías previas que agraven os efectos da Covid

749

O Concello repartirá nos próximos días máscaras entre as persoas maiores de 65 anos do Concello, ás familias con menos recursos e aos nenos e nenas entre seis e catorce anos de idade. Así o anunciou o goberno local despois de que o uso desta protección sexa obrigatorio nos lugares públicos e naquelas zonas nas que non se pode gardar a distancia social de dous metros.

As máscaras serán enviadas a cada un dos domicilios nos próximos días, e colaborarase desta forma cos grupos de maior risco. Ademais, o Concello tamén reservará outro lote de máscaras para as persoas que padecen patoloxías previas que poden agravar os efectos da Covid-19. Neste caso, estúdase a forma de entrega, aínda que podería realizarse a través do centro de saúde de Betanzos.

O Concello adquiriu directamente as proteccións que en total comprou para esta repartición (nenos e nenas e persoas maiores de 65 anos), os servizos esenciais municipais ademais doutras entidades de carácter social que, especialmente, durante as primeiras semanas da epidemia carecían de máscaras e que recorreron ao Concello para que cubrir as súas necesidades e comercios de alimentación que estiveron operativos durante o confinamento, unhas 10 000 máscaras. A esta compra hai que sumarlle tamén as máscaras que o Concello recibiu da Deputación e do Goberno central, unhas 6700,  e as 1300 que lle cedeu a Xunta.

Xunto con esta repartición, o Concello tamén adquiriu unhas 1200 pantallas protectoras, que está a entregarlle aos comercios ou empresas de Betanzos que o solicitaron dentro do programa de colaboración co tecido comercial e de pequenas empresas que puxo en marcha o goberno local e que inclúe tamén redución de impostos e axudas directas para aqueles que tiveron que pechar polo estado de alarma e os que viron reducidos de forma notable a súa facturación.