Información do obradoiro de apoderamento: reforzando a autoestima a través da biodanza

964

O Concello de Betanzos aposta por traballar no apoderamento das mulleres, para que estas teñan voz e podan participar en todos os eidos da sociedade, tomando decisións sobre a súa propia vida e sobre a súa contorna.

Un piar fundamental para conseguir este apoderamento é reforzar a autoestima, que moitas mulleres ven mermeda por condicionantes físicos, económicos, emocionais, relacionais e sociais.

Neste obradoiro, o reforzo da autoestima realizarase a través da metodoloxía da Biodanza, que é un sistema de desenvolvemento persoal e social que inflúe positivamente no organismo e nas relacións que establecen as persoas.

A Biodanza foi creada polo psicólogo Rolando Toro e, na actualidade, practícase en todo o mundo. Busca desenvolver o potencial de cada persoa, aportando como beneficios os seguintes:

  • Aumento da vitalidade.

  • Conexión coa alegría e o pracer.

  • Integración motora.

  • Redución do estrés.

  • Mellora do Autocoñecemento e autoestima.

  • Integración corpo-mente-emoción.

  • Mellora da nosa expresión corporal.

  • Mellora da intelixencia afectiva e as relacións sociais.

  • Creación de redes afectivas.

Esta actividade responde a dúas áreas estratéxicas do III Plan de Igualdade do Concello de Betanzos, nomeadamente, a de Empoderamento e participación social, e a de Calidade de vida, saúde e benestar, polo que se entende como unha aposta pola igualdade entre mulleres e homes.

CONTIDOS

  • Vitalidade: forza vital, determinación, conexión coa alegría, autorregulación, descanso, etc.

  • Creatividade: capacidade de expresión, busca de alternativas, pensamento diverxente, etc.

  • Afectividade: vínculo, xestión de emocións, sororidade, etc.

  • Sexualidade: conexión co propio corpo, autoimaxe, amor propio, etc.

  • Trascendencia: transformación, apertura ao cambio, etc.

  • Autoafirmación: necesidades, desexos, confianza, etc.

PERSOAS USUARIAS

Mulleres con idades comprendidas entre os entre 18 e os 75 anos, sen problemas de saúde graves ou de mobilidade reducida.

LUGAR, DATAS E HORARIO

O obradoiro terá lugar na Sala de usos múltiples de Servizos Sociais, Praza do Emigrante s/n.

Realizarase os martes de 17:30 h a 19:30h dende o 03 de marzo ata o 23 de xuño de 2020.

PRAZAS

Ofértanse un máximo de 15 prazas para ofrecer un servizo o máis adecuado posible. Será necesario un mínimo de 7 persoas para realizar a actividade. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

CUSTO

A actividade é gratuíta.

INSCRICIÓN

O prazo de inscrición será do xoves 6 de febreiro ao venres 21 de febreiro de 2020.

A solicitude de inscrición poderá obterse en:

  • Servizos Sociais. Praza do Emigrante s/n, de luns a venres en horario de 09:00 h. a 14:00 h.

  • Ou prema aquí

Lugar de presentación:

  • Edificio de Servizos Sociais. Praza do Emigrante s/n, de luns a venres de 09:00 h a 14:00 h.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDAS

A listaxe de admitidas publicarase a partir do 24 de febreiro no taboleiro de Servizos Sociais e na web municipal www.betanzos.gal