O Concello abriu o prazo para a inscrición no servizo de comedor e madrugadores do curso 2021/22

492

O Concello de Betanzos abriuo prazo para inscribirse ao servizo de comedor escolar e madrugadores para o vindeiro curso 2021/22. As solicitudes realizaranse obrigatoriamente de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello https://sede.betanzos.gal/opencms/es/, agás as persoas que acrediten que non contan cos medios necesarios para presentala por esta vía, que poderán entón contactar co departamento de Servizos Sociais chamando ao 981 770 707. As solicitudes poderán enviarse ata o vindeiro 5 de xullo, incluído este.

Proceso de solicitude

Na sede electrónica están a disposición das persoas usuarias os modelos específicos de solicitudes para acceder a ditos servizos, e onde se especifica a documentación que deberá ser achegada no devandito procedemento así como a información básica do servizo. Así mesmo, inclúese un anexo que se deberá cubrir só no caso de que se solicite a bonificación por renda.