O Concello de Betanzos abre o prazo para a inscripción dos alumnos/as do Ceip Vales Villamarín no servizo de comedor e madrugadores para o curso 2020/21.

3471

As solicitudes deberán formalizarse de xeito telemático, do 3 de xunio ao 3 de xullo, ambos inclusive, a través da sede electrónica do concello https://sede.betanzos.gal ou a través do rexistro electrónico único https://sede.administracion.gob.es

Na sede electrónica atopánse a disposición dos usuarios/as os modelos específicos de solicitudes para acceder a ditos servizos, e onde se especifica a documentación que deberá ser aportada no devandito procedemento así como a información básica do servizo.

Para descargar solicitude prema aquí

Asemesmo, inclúese un Anexo que se deberá cumprimentar só no caso de que se solicite bonificación por renda.

Para descargar a solicitude con bonificación prema aquí

Cando exista causa debidamente xustificada que impida a presentación telemática, deberáse de solicitar unha cita telefónica có Departamento de Servizos Sociais para valorar outras opcións.

Debido á situación xerada pola crise sanitaria, as condicións de acceso ao servizo para o ano 2020/21 poderán sofrir variacións.

Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar cos Servizos Sociais a través do teléfono 646.887.873