Resolto o XII Concurso de carteis das Letras Galegas

446

Adriana Abeijón Llovo de 6.º de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín gañou o primeiro premio do XII Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos. O cartel ilustrará o programa das Letras Galegas do Concello de Betanzos 2022.

Os accésits da duodécima edición deste concurso foron para Marina Rodríguez Lago do Centro Pai Menni e Nahia Rodríguez Fernández de 2.º de primaria do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”.

No XII Concurso de carteis das Letras Galegas participou alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín e do Centro Pai Menni. O xurado valorou a participación, a calidade e a orixinalidade e a adecuación ás bases dos carteis presentados.

A entrega dos premios do XII Concurso de carteis das Letras Galegas realizarase o vindeiro xoves venres 20 de maio ás 19:00 h no Salón Azul do edificio Arquivo, xunto coa entrega de premios do XI Concurso de creación literaria.

1.º premio XII Concurso de carteis das Letras Galegas

Adriana Abeijón Llovo (6.º EP CEIP Francisco Vales Villamarín)

Accésit XII Concurso de carteis das Letras Galegas

Marina Rodríguez Lago (Centro Pai Menni)

 

Accésit XII Concurso de carteis das Letras Galegas

Nahia Rodríguez Fernández (2.º EP CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)