Cursos de iniciación ao piragüismo no verán de 2026 en Betanzos

103

O Club Ría de Betanzos abre o prazo de inscrición para os seus cursos de iniciación ao piragüismo do verán de 2026, unha actividade dirixida a fomentar a práctica deportiva e o contacto coa natureza entre a mocidade do municipio.

Os cursos están destinados a nenos e nenas nacidos entre os anos 2011 e 2018 e desenvolveranse en diferentes quendas de luns a venres:

  • Do 29 de xuño ao 10 de xullo
  • Do 13 ao 24 de xullo
  • Do 27 de xullo ao 7 de agosto

As sesións organizaranse en dous horarios:

  • 1º turno: de 9:30 a 11:30 horas
  • 2º turno: de 11:30 a 13:30 horas

Ademais, o club ofrecerá un curso de iniciación para persoas adultas, dirixido a participantes nacidos en 2010 e anos anteriores, que terá lugar de luns a xoves en horario de 18:00 a 20:00 horas, nas seguintes quendas:

  • Do 6 ao 16 de xullo
  • Do 20 ao 30 de xullo

O obxectivo desta iniciativa é achegar o piragüismo a novos practicantes, promovendo valores como o esforzo, o traballo en equipo, o respecto polo medio natural e os hábitos de vida saudables.

Inscricións e información

As persoas interesadas poden obter máis información a través do correo electrónico [email protected].

A inscrición para os cursos infantís pode realizarse a través do seguinte formulario premendo AQUI

Desde a organización animan ás familias e á veciñanza a participar nesta actividade deportiva que cada verán reúne a numerosos rapaces e rapazas para descubrir o mundo do piragüismo nun entorno seguro e divertido.