A corporación local realizou o pasado venres 20 o Pleno extraordinario no que se deu a coñecer a renuncia do ata agora alcalde, Ramón García Vázquez

248

A corporación local realizou o Pleno extraordinario no que se deu a coñecer a renuncia do ata agora alcalde, Ramón García Vázquez A corporación local realizou o Pleno extraordinario de toma de coñecemento da renuncia á alcaldía presentada por Ramón García Vázquez o pasado venres día 20 ás 20:30 h.

Tras a toma de coñecemento da renuncia, realizarase outro Pleno extraordinario para a elección de alcalde ou alcaldesa nun prazo de dez días hábiles e asumirá durante este período o cargo de alcaldesa en funcións a primeira tenente de alcalde, María Barral Varela, conforme establece a lexislación vixente. O Pleno terá lugar, por tanto, a principios do próximo mes de agosto.

Ao mesmo tempo, solicitarase á Xunta Electoral Central que expida a credencial do seguinte candidato electo da lista do PsdeG-PSOE nas eleccións locais do ano 2015, que corresponde a Pablo Beade Pérez, para que poida tomar posesión do cargo de concelleiro da corporación nunha próxima sesión plenaria.

VER orde do día do pleno extraordinario