A exposición bibliográfica “A violencia machista na literatura” poderá visitarse durante todo o mes de novembro na biblioteca municipal

943

Ata o 30 de novembro, dentro da campaña Betanzos en Negro e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Biblioteca Municipal acollerá esta exposición bibliográfica que supón un percorrido sobre a abordaxe da violencia contra a muller na literatura.

Os libros seleccionados falan sen excepción de violencia contra a muller, e non só non seo da parella, se non en diferentes ámbitos. Nalgúns casos con ánimo de denuncia, pero noutros dunha maneira soslayada e encuberta. O obxectivo é promover a lectura crítica e a reflexión.

A mostra inclúe libros como “Otelo”, claro exemplo dun caso de violencia machista, e outros máis recentes como “50 sombras de Grey” que xeraron moito debate sobre si contena ou non.

A exposición conta tamén con títulos como “O conto da criada”, “Os homes que non amaban ás mulleres”, “Cantar do Meu Cid”, “Vendidas” ou “Fuxida Imposible”. As pegadas da violencia contra a muller tamén aparecen en “Pantaleón e as Visitadoras”, “Casa de Bonecas” e “Madame Bovary”.

A exposición bibliográfica forma parte da campaña “En Negro contra as violencias” (no noso municipio Betanzos en Negro) que aglutina a 102 concellos de Galicia e 3 deputacións provinciais con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e encadrada non III Plan de Igualdade do Concello de Betanzos.

A campaña culminará coa lectura dun manifesto o domingo 25 de novembro ás 12:30 na Casa do Concello.

Cartel da exposición