Betanzos estivo presente coa Feira Medieval, as festas e a Semana Santa no Salón Turístico de Galicia que se celebra en Silleda

849
Stand de Betanzos na sétima edición da Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, en Silleda.

Betanzos, 7 de xuño de 2019. O Concello estivo presente na sétima edición da Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, en Silleda coincidindo coa celebración do salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, que tivo lugar desde o día 6, até o día 9 en Silleda.

O ano pasado máis de 100 000 persoas visitaron a feira na que Betanzos promoveu a Feira Medieval, as festas de agosto e a Semana Santa, todas elas declaradas de interese turístico.

A caseta de Betanzos contou con numerosas imaxes da cidade, fotografías das festas, Caneiros así como o 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao centro histórico.

O concelleiro de Turismo, Pablo Beade, xunto a técnicos municipais mantiveron durante uns días diversas reunións con tourperadores internacionais de orixe irlandesa, brasileira, italiana, rusa e americana, ademais de españolas, para que inclúen na súa programación de viaxes a Betanzos como destino.

O certame estivo apoiado pola Axencia de Turismo de Galicia e reuniu un importante número de operadores de turismo nacionais e internacionais.

Turexpo é a segunda feira de turismo na que Betanzos está presente cunha caseta propia, despois de que participase activamente o pasado mes de xaneiro na feira internacional de Turismo de Madrid (Fitur) na que promocionou a programación do 800 aniversario, ademais da Semana Santa e as festas.

En Silleda tamén houbo representación da música betanceira coa participación da Escola Municipal de Folclore