En marcha a XXXVIII edición do torneo San Roque 2024

34

Comeza unha unha nova edición dun evento que está a medrar en calidade e cantidade, e supón a referencia para as noites de verán da nosa cidade.

Son numerosos os rapaces e rapazas, veciños e veciñas de todas as idades que se achegan ao pavillón municipal de Betanzos para desfrutar do clásico Torneo San Roque, que este ano cumpre a súa 38ª edición.

O torneo, estará composto por ata un máximo de 24 equipos masculinos e 24 femininos. Toda a información relativa ás inscricións está dispoñible nas seguintes ligazóns.

Para a inscrición de equipos na categoria feminina prema aquí

Para a inscrición de xogadoras prema aqui

Para a inscrición de equipos na categoría masculina prema aquí

Para a inscrición de xogadores prema aquí

Desde a Concellería de Deportes do Concello de Betanzos, agardamos que o evento conte cunha ampla participación, como así ven sucedendo nos últimos anos. Ver o pavillón municipal ata a bandeira noite logo da noite, dende comezos de xullo ata mediados de agosto, supón un reclamo para toda a veciñanza, que desfruta de numerosos betanceiros e betanceiras competindo e animando as noites do verán.

A alcaldesa de Betanzos María Barral e o concelleiro de deportes Ricardo Cheda, xunto a representantes do Troula futbol sala organizador do torneo.

Grazas ao club organizador, o Troula FS Betanzos, por sacar adiante unha edición máis dunha competición deportiva referente na nosa cidade.